SERVIZOS DE CONCILIACIÓN

Para poder acceder ós servizos de conciliación é REQUISITO INDISPENSABLE, pagar unha cuota (25€) para o curso escolar 2019-2020. Os que queirades facervos socios/as da Anpa recibiredes unha circular o primeiro día do colexio indicándovos o período de pago obrigatorio da mesma.

A inscrición a estes servizos estará aberta durante os meses de xuño, xullo, agosto e setembro, AINDA QUE VOS PREGAMOS QUE O CUBRADES ANTES DO 28 DE XUÑO PARA TER A PREVISIÓN DE USUARIOS CANTO ANTES.

Os servizos de conciliación que oferta a ANPA COBAS SON:

1. COMEDOR: O horario de funcionamento é de 14:00 a 16:00 horas dende o 12 de Setembro a 21 de Xuño
O prezo do menú diario é de 5.50 euros.
O pago será a mes vencido( do 1- 5 do mes seguinte) e farase:


* NA OFICINA DA ANPA no caso de ser usuario esporádico (prégase aportar importe exacto)

* POR TRANSFERENCIA

* POR DOMICILIACIÓN(+ O.50/MES CARGO)

A recollida dos nenos polos pais ou persoas autorizadas, farase pola porta traseira do comedor. É imprescindible que os pais avisen á ANPA, no caso de que os nenos non vaian asistir ó comedor (por enfermidade, excursión….).

Poderase facer:

* por Teléfono (981.819.065) ou (603.617.153) ou Whatsapp.

* por mail( anpacobas@gmail.com)

* na oficina da ANPA: LUNS A VENRES DE 9:00 A 10:30 e tamén MARTES 16:30 A 18:00 (primeiro martes de casa mes)


A comunicación deberá facerse antes das 9:30 do mesmo día. No caso de que non se faga, o menú será cobrado.
Se algún usuario ocasional , non comunica a súa asistencia, antes da mesma hora, non poderá quedar no comedor por non contar co menú.

2. SERVIZO DE ESPERA: pensado para os pais que por mor dos seus horarios, precisan de marxe para recoller ós seus fillos. Este servizo funciona de 14:00 a 14:30
A recollida dos nenos, será tamén pola porta traseira do comedor.
O prezo é de 1 euro ó día, cun máximo de 15 euros ó mes.
O método de pago é o mesmo que o do comedor.

3. SERVIZO DE ACOMPAÑAMENTO: Para facer uso de este servizo, hai que ser socio da Asociación Arcos Tilos.E un servizo levado a cabo polas monitoras do comedor e consiste no acompañamento dos nenos dende o comedor ata a Asociación.
Os aviso e o sistema de pago faranse do mesmo xeito que para o comedor.
Os prezos son:


Usuarios ocasionales: ata 3 días: 2 euros/día

máis de 3 días: 12 euros/mes

irmáns: 10 euros cada neno.


Advertencia legal: la información de este mensaje de correo electrónico es confidencial y se dirige exclusivamente al destinatario previsto. Si ha recibido el mensaje por error, por favor, notifíquelo al remitente y bórrelo sin copiarlo, registrarlo o distribuirlo.

Le recordamos que ha recibido esta comunicación porque sus datos están incluidos en un fichero responsabilidad de ANPA COBAS, con la finalidad de remitirle información relacionada con el propio servicio o la gestión del mismo. Si no desea recibir más comunicaciones o quiere modificar sus datos de contacto, puede hacerlo por medio del email: anpacobas@gmail.com

Formulario de Inscrición nos servizos de conciliación

© Copyright - ANPA COBAS | Diseño de territorioweb.es