SERVIZOS COLABORADORES

Dende a ANPA informamos que o colexio tamen dispón dos seguintes servizos:

O servizo Teo Madruga é xestionado polo Concello de Teo e funciona entre as 07:30 horas e o comezo das clases.

Pode utilizarse en días soltos ou toda a semana e pode usarse só o servizo de gardería ou tamén co almorzo.

As actividades que se realizan no Teo Madruga son talleres de biblioteca e videoteca, xogos cooperativos, xogos de mesa ou actividades deportivas e de lecer. 

Para máis información sobre o programa prema nesta ligazón: Teo madruga

Transporte. Cabe a  posibilidade de dispoñer de transporte escolar para aqueles alumnos que asi o precisen. Esta xestión é ofertada pola Xunta de Galicia. Para máis información, diríxanse a Secretaría do colexio.

© Copyright - ANPA COBAS | Diseño de territorioweb.es