SERVIZO DE ESPERA

Funciona de setembro a xuño de 14:00 a 14:30 horas. É un servizo pensado para pais que por mor dos seus horarios precisan dunha marxe de entre 10 minutos e media hora despois das 14:00 para recoller aos seus fillos.

Os nenos serán atendidos polos monitores do comedor, onde serán recollidos polos pais. A hora límite son as 14:30, porque coidamos que a partir desa hora un rapaz que está no espazo do comedor sen comer, pasa fame e dificulta a atención do resto dos alumnos. 

Os prezos deste servicio, sempre suxeitos a revisións, son os seguintes:

SOCIOS

1€ / día (Máximo 15,00€/mes)

Este servizo conta cun número moi limitado de prazas. Debido a isto, o servizo pode sufrir modificacións, que serían comunicadas ó seu debido tempo, polas canles oportunas. 

A inscrición neste servizo realizarase só no caso de ser empregado de xeito continuado. Neste caso, se o neno non vai asistir por algún motivo, debe comunicarse á A.N.PA., xa que os monitores precisan unha lista dos nenos que van quedar cada día.

Se necesita empregalo de xeito eventual non é necesario realizar a inscrición. Simplemente debe comunicarse á A.N.P.A. cando sexa necesario empregalo, e en función das prazas dispoñibles os días requiridos indicarase se pode ou non acoller ó neno.

Para avisar á A.N.P.A. podense utilizar as seguintes vías:

    • Por teléfono de 09:00 a 10:30 no mesmo día
    • No contestador automático, fora de horario de oficina, ata o día anterior
    • Por correo electrónico, ata ese mesmo día, sempre que a recepción do correo sexa anterior ás 10:30
    • Achegándose á oficina, de 09:00 a 10:30 ata ese mesmo día
    • Deixando un aviso no buzon da ANPA ata o día anterior

Formulario de Inscrición nos servizos de conciliación

© Copyright - ANPA COBAS | Diseño de territorioweb.es