QUEIXAS E SUXESTIÓNS

A ANPA creou os Libros de queixas e suxestións co fin de documentar tanto os problemas como as ideas que poidan xurdir no día a día dos nosos socios no centro.

    • libro de queixas creouse pensando na posibilidade que que haxa algún problema, ben sexa co comedor, co transporte, coas actividades extraescolares, co servizo de espera, co profesorado ou co persoal da ANPA, do que queirades que se ocupe a ANPA. Para evitar os malos entendidos que poden darse polas queixas verbais só se terán en conta aquelas queixas debidamente documentadas e identificadas.
    • En canto ao libro de suxestións é para que poidades achegarnos calquera das ideas que teñades e que vos gustaría que leváramos a cabo, esta vez de xeito anónimo se así o desexades.

Para facer uso deles, podedes facelo online ou ben descargalos , enchédeos con todo o que queirades e mandádeo ao noso enderezo de correo electrónico, ou ben imprimídeo e achegádeo á oficina da ANPA.

© Copyright - ANPA COBAS | Diseño de territorioweb.es