FAITE SOCIO

A ANPA é a Asociación de Nais e Pais de Alumnos. Somos un grupo de pais preocupados pola experiencia escolar dos nosos fillos nestes primeiros anos tan importantes para eles. Constituimos unha asociación sen ánimo de lucro co fin de facer notar a voz dos pais no centro escolar. Traballamos de xeito altruista para xestionar o funcionamiento dos servizos necesarios no noso colexio, para mellorar o contorno e as estruturas e infraestruturas do colexio e para levar a cabo actividades que fagan máis agradables estes importantes anos para os nosos fillos.
 
O noso centro ten unha estrutura especial, debido ao abrupto do terreo no que se atopa, dando orixe a un montón de desniveis e tramos de escadas.
 
O tecido sociocultural da zona fai necesaria a existencia dun servizo de comedor, que malia estar parcialmente subvencionado pola Xunta, xestiona a ANPA.
 
Esta directiva considera importante a dispoñibilidade de diferentes opcións para os pais á hora de recoller e deixar aos nenos. Por este motivo, puxemos en marcha o servizo de espera para aqueles pais que precisan 15 ou 20 minutos máis de marxe e non lles interesa deixar aos nenos no comedor.
 
Tamén se ofrece o servizo de acompañamento, creado coa finalidade de que os pais que decidan levar aos seus pequenos á Asociación Os Tilos ao rematar o comedor podan ter este servizo resolto, fomentando así a a autonomía familiar.
 
Todas as actividades que levamos a cabo durante o ano teñen como obxectivo mellorar o centro e a experiencia educativa dos nenos.
 
Algunhas das actividades serven para recadar fondos que permitan a realización de outras; o comedor, o servizo de espera e o de acompañamento autofináncianse, pero non dan ganancias que permitan realizar ningunha outra actividade. De aí a importancia de facerse socio. A cota de socio permite a realización de actividades como a presenza dos paxes reais, o agasallo aos alumnos de 6º, a festa de fin de curso…. Cantos máis sexamos, máis cousas poderemos facer.
 
A forza que temos ante os órganos de goberno locais e rexionais radica no número de pais aos que representamos. Isto quere docir que cantos máis sexamos máis presión poderemos exercer ante o Concello e a Xunta para acadar as melloras necesarias no centro e no seu contorno. É importante que todas as familias se fagan socias para aumentar a forza da ANPA.
 
Nas seguintes ligazóns pódense descargar os formularios de inscrición dos servizos de conciliación xestionados pola ANPA Cobas do CEIP Os Tilos: comedor, espera e acompañamento:
 
 
Faite socio!

Formulario de ALTA de socio/a na ANPA

Formulario de baixa de socio/a na ANPA

Formulario de Inscrición nos servizos de conciliación

© Copyright - ANPA COBAS | Diseño de territorioweb.es