EXPLICACIÓN SITUACIÓN ACTUAL

Queridas familias,
dende a directiva da ANPA queremos facervos chegar a realidade do que está a acontecer nestes meses sen descanso. Dada a situación de pandemia que nos atopamos, as esixencias ás que nos vimos sometidos e sometidas levounos á tomar decisións como a cesión do comedor á Xunta de Galicia ou non impartir actividades extraescolares presenciais.
Loitamos ata o último minuto pero as esixencias económicas e persoais non fan posible que a organización siga como todos estes anos.
Os propios estatutos da ANPA non posibilitan que fagamos as cousas con máis premura posto que para poder reunirnos deben pasar 15 días dende a comunicación.
No mes de agosto reunímonos con carácter de urxencia e nesa reunión acordouse solicitar o servizo de comedor á consellería en caso de rexeitamento ao concello. Ambas solicitudes debíamolas facer ao mesmo tempo. O concello rexeitou tal responsabilidade porque alega que é competencia da Xunta.

Por outra banda, a consellería pediunos facer una segunda petición por escrito solicitando o servizo, algo que fixemos de inmediato. Tras insistir pola falta de resposta e dada a premura, onte venres día 4 comunícannos vía telefónica que o luns mandarán detalladamente o necesario e unha das cousas requeridas é volver a someter a votación a cesión do comedor por parte dos socios, motivo polo cal debemos facer outra reunión extraordinria, que coincidirá coa de comezo de curso.
Ante a posibilidade de que ningún dos dous organismos se fixese cargo do comedor, solicitamos ao concello un servicio de espera a partir das 14:00 da tarde como medida de conciliación.
O xoves desta semana solicítannos documentación que non depende de nós polo que estamos á espera de que no la faciliten e presentar o antes posible.
En canto as extraescolares, xa recibimos esta semana resposta dalgúns mestres co cal decidimos ofertalas a vindeira semana e o resto a medida que nos presenten as súas propostas.
Una problemática engadida, é que ao non ter servizo con Barrigola, tampouco temos a Ana para labores administrativos e co cal temos que asumir persoalemte as súas funcións. Evidentemente esto supón cambios drásticos na forma de traballar e de comunicarnos con vós así como una implicación de tempo persoal por parte dos membros extraordinaria. A nosa intención é someter a un cambio drástico a organización da ANPA, pero debemos solucionar, canto antes os problemas citados anteriormente.
Tiñamos previsto invertir una serie de cartos na seguridade do servicio do comedor para poder levarse a cabo. Eses fondos seguen dispoñibles e o noso propósito é invertilo no ben dos nenos e nenas e na súa seguridade, non o dubidedes, estamos a traballar por eles.
Se tedes alguna inquedanza ou dúbida, contade con nós.
Un saúdo
 A directiva ANPA COBAS