FUNCIONAMENTO DO COMEDOR

O horario de funcionamento do comedor é de 14:00 a 16:00 horas dende setembro ata xuño.

O prezo do menú diario será de 5,50€, e o pago polos menús consumidos realizarase a mes vencido na oficina da ANPA (prégase aportar importe exacto), por transferencia ou por domiciliación bancaria á empresa de cátering.

Os nenos serán recollidos nas aulas (Educación Infantil) ou na entrada do centro (Educación Primaria) e acompañados ata o comedor

Ao chegar ao comedor deberán respectar unhas normas de educación e conducta, ademáis de obedecer aos monitores. O non cumplimento destas normas podería supor a baixa temporal ou definitiva no servizo.

recollida dos nenos polos pais ou persoa autorizada, realizarase pola porta traseira do  comedor (haberán de identificarse e, no seu caso, entregar autorización firmada).

É imprescindible que os pais avisen a ANPA no caso de que os nenos non vaian a asisitir ó comedor (por enfermidade, excursión…). Poderán comunicalo:

    • Por teléfono: 981.819.065 ou 603.617.153 Chamando en horario de oficina ou deixando unha mensaxe no contestador
    • Email: anpacobas@gmail.com
    • Na oficina: De luns a venres de 9:00 a 10:30 e mércores de 16:30 a 18:00)

A comunicación haberá de facerse antes das 9:30 do mesmo día. No caso de que a comunicación se faga por email ou mensaxe telefónica, tería que enviarse ou gravarse antes desa hora.

Se a comunicación chega tarde ou non se produce, o menú será cobrado como consumido.

Se algún usuario do servizo ocasional non comunica a súa asistencia antes da mesma hora, non poderá quedar no comedor ese día por non contar con menú. 

Menús no comedor

Formulario de Autorización para a recollida no Comedor

Formulario de Inscrición nos servizos de conciliación

Normas no comedor

Chuches no comedor

© Copyright - ANPA COBAS | Diseño de territorioweb.es