ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES 2019 – 2020

Benqueridos pais e nais,

 

formulario de inscrición aos servizos de conciliación  (comedor, espera, acompañamento) para o curso 2019-2020, está dispoñible e estará aberto durante os meses de xuño, xullo, agosto e setembro, aínda que pregamos que o cubrades antes do 28 de xuño para ter a previsión de usuarios canto antes.

 

Con respecto ás actividades extraescolares, tal como se vos foi anunciando en anteriores notas, este ano non haberá preinscrición neste mes de xuño.

 

O día 2 de setembro enviarase ao correo dos socios o acceso ao formulario de inscrición correspondente para solicitar as actividads extraescolares do vindiro curso escolar 2019-2010. O día 5 de setembro subirase á páxina web da ANPA para todos aqueles que aínda non sexan socios. 

Este formulario deberedes cubrilo antes do 23 de setembro, xa que as actividades comezarán o martes 1 de outubro.

 

No caso de que aínda non sexades socias/os da ANPA e esteades interesadas/os en anotar aos nenos/as ás actividades extraescolares o vindeiro curso ou aos servizos de conciliación (comedor, espera, acompañamento), unha vez cuberto o formulario das actividades, deberedes achegarvos á oficina da ANPA para facervos socios ou pagar a correspondente matricula (lembrámosvos que nos dous casos deberedes aboar 25€  anuais).

 

Xa está dispoñible tamén o calendario de horarios de cada actividade para o voso coñecemento

  

A continuación atoparedes a relación de actividades extraescolares que se ofertarán o vindeiro curso:

 

1.-INGLÉS: Son dous días á semana e o prezo é de 40€ alumna/o por mes(Pago por domiciliación bancaria)

    No caso de grupos menores de 6 alumnas/os estes serían os prezos:

    * Se as clases fosen de 5 alumnas/os: 45€

    * Se as clases fosen de 4 alumnas/os: 55€

    * Se as clases fosen de 3 alumnas/os ou menos: 70€

 

2.- XIMNÁSIA RÍTMICA:(Pago por domiciliación bancaria)

INFANTIL:   14€ alumna/o por mes.  (Para nenas e nenos 5º e 6º de infantil. Un día á semana)

PRIMARIA:  20€ alumna/o por mes(Dous días á semana)

 

No caso desta actividade debe pagarse a maiores un seguro anual de 30€do seguinte xeito:

     *Alumnas/os que xa estaban matriculadas/os no curso escolar 2018-2019 : Os 30€ abonaranse no mes de xaneiro de 2020.

   * Alumnas/os de nova incorporación: Deberán abonar 11€ de seguro ao comezo da actividade, correspondentes aos meses de outubro a decembro de 2019 e 30€ do seguro anual en xaneiro de 2020.

Por temas do seguro o vindeiro curso todos os que se anoten a esta actividade deberán entregar o carnet fotocopiado polas dúas caras a cor e unha foto tipo canet con semblante serio (sen que se vexan os dentes).

 

3.- GUITARRA E UKELELE: Será un día á semana para alumnas/os de primaria (a partires de 2º) e prezo é de 15€ alumna/o por mes (pendente de forma de pago)

 

4.- ROCKBOTIC(robótica, deseño de videoxogos e impresión 3D) Será un día á semana e o prezo é de 22 € ao mes. Para que a actividade se leve a cabo esíxese un  mínimo de 8 alumnos e un máximo de 14.(Pago por domiciliación bancaria).

No caso de que ninguén dos anotados de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria a esta actividade se anote tamén a ximnasia rítmica, se todos os anotados están de acordo poderá desenvolverse de 16:00h a 17:00h.

 

5.- ZUMBA: Será un día á semana e o prezo é de 15€ ao mes. Para que se leve a cabo a actividade esíxese un mínimo de 10 alumnas/os por grupo (Pago por domiciliación bancaria)

 

6.- «É SPORT TI» (actividade de multideporte): Será dous días á semana e o prezo é de 15€ ao mes. Para que se leve a cabo a actividade esíxese un mínimo de 10 alumnas/os por grupo (Pago por domiciliación bancaria).

             

  —AS PRAZAS NAS ACTIVIDADES SERÁN CONCEDIDAS. POR RIGUROSA ORDE DE INSCRICIÓN

Felices vacacións!!!!!                                                                        

NOTA DE AGRADECEMENTO DA DIRECTIVA DA ANPA COBAS

Os membros da directiva da ANPA COBAS DO CEIP OS TILOS que cesamos e os que toman posesión do seu cargo queremos agradecer moitas cousas.

Agradecer ás empresas e autónomos que desenvolvedes o voso labor a través das actividades extraescolares no noso colexio. O 21 de xuño regalástesnos o voso tempo e esforzo para que todos viramos canto aprenderon e o ben que o pasaron os nosos nenos e nenas convosco durante este curso escolar.

Grazas a Eroski Gadis por aportar a meirande parte da merendola, ás Librerías Vagoneta Educativa Os Tilos polos vales regalo de obsequio, e á Panadería D´Julia polas dúas empanadas coas que nos agasallaches a maiores. E ás familiaspor aportar as lambonadas.

Grazas ao equipo directivo do centro por permitirnos facer a festa dentro do recinto escolar e por implicarse na mesma,  a Daniel por estar por e para nos toda a tarde e aos nenos e nenas e mestras dos grupos de 6ª infantil, e 4º e 6ª de primaria polas súas actuacións. E grazas ao DJ polo repertorio musical e a colaboración nas actuacións.

E finalmente grazas a todas as familias que se achegaron ao centro a disfrutar da festa de fin de curso 2018-2019 e a todos os que nos axudaron a montar os tenderetes.

¡¡FELICES VACACIÓNS DE VERÁN!