FUNCIONAMENTO DO BANCO

Cada ano, a ANPA Cobas organiza o seu banco de libros de texto. A reutilización dos textos implica un importante aforro nas economías familiares que se benefician dun sistema que favorece a todos. Por outra banda, podemos inculcarlles aos nenos o respecto polos libros e polo material escolar. 

IMPORTANTE!!!

    1. O noso banco de libros é para os libros retirados da ANPA e doazóns.
    2. Os libros comprados co cheque tedes que devolvelos ao centro escolar, que xestiona un banco de libros propio.
    3. Aínda que cambien, tedes que devolver todos os libros de 4º e 6º de Primaria.

Á hora de repartir os lotes establecerase a seguinte orde de preferencia:

    1. Alumnos que doen os seus libros.
    2. Socios da ANPA.
    3. Para o resto das solicitudes, de non chegar os lotes faranse particións dos mesmos, para que todos poidan beneficiarse dalgún libro.

 

Formulario de Inscrición no Banco de Libro

© Copyright - ANPA COBAS | Diseño de territorioweb.es