Banco de Alimentos

 


A ANPA Cobas pon en marcha unha campaña de recollida de alimentos non perecedoiros que será destinada ó Banco Veciñal de Alimentos.

Este Banco Veciñal de Alimentos está dentro do Voluntariado Social de Teo, formado por veciños que co seu tempo axudan a que este Banco sexa unha realidade.

Para tal fin,colocaranse dúas caixas, unha no edificio de primaria, frente o local da Anpa e outra no edificio de infantil, dende o dia 9 ó 13 de Decembro.

Grazas pola túa achega