Asamblea extraordinaria

Queridas familias:

Decidimos ter unha reunión extraordinaria nestas datas,porque despois do protocolo presentado pola Consellería o 24 de xullo,dende a Anpa temos que tomar decisións moi importantes e transcendentais se queremos continuar co  servizo de comedor.

Según o protocolo da Consellería as medidas de distancia que temos que ter no comedor son moito máis esixentes que as que teñen as propias crianzas nas aulas.

E non discutimos nin unhas nin outras;a seguridade e o benestar prima ante todo.

Co que estamos en desacordo é que éstas sexan máis estrictas que as das aulas e por outra banda sexan as directivas das Anpas os/as responsables dos casos de enfermidade ou das circunstancias que se deriven destes.

Tedes que ter en conta que seríamos nós os que responderíamos ante causas civís e ou penais coa nosa persoa e patrimonio.

Poi iso nos sentimos desamparados pola administración,que nos deixa de lado sen protección sanitaria nin xuridica nesta situación derivada do Covid-19.

Non debedes esquecer que somos persoas voluntarias as que contitúen a directiva que están nela de xeito altruista e que actualmente vémonos desbordados por estes feitos  e moi preocupados pola responsabilidade que se nos esixe.

Somos conscientes da necesidade deste servizo para facilitar a conciliación ás familias.