CONDICIÓNS XERAIS DE FUNCIONAMENTO DAS ACTIVIDADES

1.- As actividades extraescolares comezarán o día 1 de outubro, agás as actividades de conciliación que estarán en servizo tódolos días lectivos do centro. 

2.-Para inscribirse nas actividades xestionadas pola ANPA é preciso darse de alta como socio da anpa ou aboar a cota de matrícula(25€ para non socios e de balde para socios).

3.-Na formación dos grupos de actividades terase en conta, no caso de que a demanda supere á oferta de prazas, a orde de inscrición e a antigüidade das persoas inscritas. 

4.-As actividades extraescolares e de conciliación serán ofrecidas por empresas contratadas pola ANPA Cobas para tal propósito e os cobros das mesmas serán xestionados polas empresas prestadoras. 

Por esa razón, os datos incluidos na presente folla serán facilitados ás empresas para que podan realizar os cobros correspondentes polos servizos prestados

5.-Segundo o disposto na Lei Orgánica 15/1999 de 13 de decembro de Protección de Datos de Carácter Persoal, os seus datos serán tratados de xeito confidencial e poderán ser incorporados aos correspondentes ficheiros da ANPA Cobas. En calquera momento, poderá exercitar os dereitos de acceso, cancelación, rectificación e oposición comunicándoo por escrito, o que presentarán na oficina da asociación.

6.-As formas de pago dependen da empresa responsable. Indicamos a continuación os distintos sistemas:

    • Inglés, Ximnasia rítmica, Robótica  e Multideporte: pagos domiciliados, indicar a CCC nas follas de inscrición.
    • Zumba: pago por transferencia.
    • Actividades de conciliación: a concretar na oficina da ANPA, poderá ser en efectivo, domiciliado ou por transferencia.
    • Resto de actividades serán pagos en efectivo na oficina da ANPA.

Todos os pagos deberán facerse nos primeiros 5 días de mes, as actividades por adiantado e o comedor a mes vencido. Para os pagos en efectivo será preciso entregar a cantidade exacta.

7.- As baixas nas actividades extraescolaresdeberán comunicarse antes do día 20 do mes anterior á baixa. De non ser así, entenderase a intención de continuar na actividade e procederase ao cobro da mensualidade seguinte. 

 

8.-Servizo de comedor, espera e acompañamento:

    É imprescindible que os pais avisen á ANPA no caso de que os nenos non vaian asistir (por enfermidade, excursión, etc). Poderán comunicalo:

    • Por teléfono (981 819 065 ou 603 617 153), chamando en horario de oficina ou deixando unha mensaxe no contestador. Se empregades o whatsapp, comprobade que foi recibido.
    • Na oficina da ANPA (horario de atención de luns a venres, de 09:00 a 10:00 horas)

    A comunicación deberá facerse antes das 09.30 horas do mesmo día. No caso de que a comunicación se faga por e-mail ou mensaxe telefónica terá que enviarse ou gravarse antes desa hora. 

    • Se a comunicación chega tarde ou non se produce, o menú será cobrado como consumido.
    • Se algún usuario do servizo ocasional non comunica a súa asistencia antes da mesma hora, non poderá quedar no comedor ese día por non contar con menú. 
© Copyright - ANPA COBAS | Diseño de territorioweb.es