actividades extraescolares e comedor vindeiro curso

Queridas familias:

Despois de publicar a Consellería de Educación o protocolo para o Covid-19 (adxuntado no mail),queremos poñernos en contacto con vós para transmitir o noso desacordo como xa comunicamos en anteriores publicacións.

 

Con este protocolo resulta imposible que para o ano podan existir actividades extraescolares de xeito presencial debido aos requirimentos esixidos por parte da Consellería. Estamos traballando para que podamos ofrecer actividades en liña (Non Presenciais), pero entendemos que o que moitas familias precisan con as actividades é conciliar.

Sabemos da importancia disto mesmo,pero desgraciadamente aínda non nos atopamos nunha etapa de normalidade e as estritas normas de convivencia e limpeza resultan imposible levar a cabo isto de xeito presencial como ata agora.

Seguimos traballando e esperando novas directrices máis concretas para comedor,do que temos que elaborar un Plan de actuación como se nos obriga.

As esixencias para o vindeiro curso de distancia social e espazo do que dispoñemos no local de comedor pode facer tomar decisións ata o de agora non contempladas,como pode ser facer 2 quendas ou acotar o número de comensais esporádicos ou mudar o espazo onde comemos.

Isto non podemos confirmalo ata setembro e unha vez realizado o documento que obriga dito protocolo e intentando por todos os medios ao noso alcance poder realizar este servizo tal e como se nos indica,sabendo da importancia do Comedor para as familias. Porque cada día temos modificacións e cambios sobre isto e temos que ir resolvendo dificuldades sobre a marcha.

A ANPA en colaboración coa empresa Barrigola intentará elaborar un documento que se adecúe a lexislación e pautas das entidades correspondentes para poder abrir o servizo de comedor e así protexer aos menores de calquera tipo de contaxio.

Pedimos, por favor que as familias cumprimenten o formulario de conciliación o máis axiña que podan para facernos unha idea do servizo que precisamos.

Moitas grazas pola vosa comprensión

 

Xunta Directiva da ANPA Cobas

ANPA Cobas

https://www.facebook.com/anpacobas/

981819065 /  603617153

Horario de atención:
de luns a venres de 9:00 a 10:30
e 1º martes de cada mes 16:15 a 17:15
(de setembro a xuño)